Concello de Vilamartín de Valdeorras

A Nosa Historia

A historia de Vilamartín está íntimamente ligada a historia de Valdeorras e do resto da humanidade. Testemuña de esto, e o noso importante patrimonio cultural, con innumerables restos arqueolóxicos e xacementos de diferentes periodos históricos.


Dende os primeiros poboadores paleolíticos, pasando polo neolítico, a Idade de Bronce e a de Ferro. A pegada paleolítica aparece testimoniada pola presenza de diverso material lítico: bifaces, raederas, lascas ou núcleos todos eles, na súa mayoría cuarcita, dispersa polas terrazas do río Sil. Da época do Neolítico son coñecidos os diversos monumentos megalíticos que nos indican a introducción de novos ritos e costumes funerarias representadas por grandes sepulturas, de carácter colectivo, denominadas comúnmente como mámoas na meirande parte do territorio galego, mentres que, en Valdeorras son coñecidas como medorras, agrupadas en extensas necrópolis da que neste concello podemos localizar nos montes de Cereixido e Busdei, unha boa mostra de este fenómeno funerario. Da Idade de Bronce son famosos os petroglifos de Penas dauga, nos que se poden apreciar grabados en pedra con diversos motivos como; cazeletas, círculos concéntricos, cruces así coma un gran labirinto. Os petroglifos de Alto dos Pinos, lindantes co concello de A Rúa, nos que se representan unha serie de armas tipo alabardas esculpidas todas nun tipo de roca característica da comarca valdeorresa, dunha cor vermella coñecida como conglomerática. Así mesmo, atopamos na zona de Correxais, os petroglifos de o Alto dos Castelos adornados con motivos cruciformes e de ferraduras. Rematada a Idade de Bronce, da comezo a cultura castrexa espallada por todo o territorio e do que como mostra mais signiticativa temos o Castellum de Valencia.

O xacemento xa era coñecido dende inicios do século XX como unha zona onde aparecían moedas de época romana, pero non foi escavado ata os anos 60 polo grupo valdeorrés dos Escarbadores. Estes atoparon un conxunto de habitacións dun gran complexo que interpretaron inicialmente como vivendas de época castrexa e despois de época romana e tardorromana. No ano 2018 se levou a cabo unha limpeza polo arqueólogo de Vilamartín, Santiago Ferrer, que recuperou todas as estruturas escavadas para a súa posta en valor. Ese mesmo ano comezan as escavacións por parte de Sputnik Labrego e, un ano despois, o convenio coa Universidade de Santiago de Compostela, que permite aos alumnos do Máster Universitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade facer as práticas no xacemento. Ata de agora, leváronse a cabo un total de cinco intervencións no sitio, que posibilitaron recuperar o xacemento romano mellor coñecido de Valdeorras. Escaváronse polo de agora cerca de 400 m 2 , o que fai de Valencia do Sil un dos xacementos de época romana máis escavados de Ourense xunto con Santomé ou Aquis Querquennis. Durante as épocas posteriores, son numerosos os xacementos e restos de outras civilizacións como a romana. Pegada visible no complexo nas zonas de Córgomo, Valdegodos, Portela e Arcos, entre outros. Dentro da nosa historia, destacamos as ruinas do antigo Convento dos Trinitarios Descalzos, fundado pola bula pontifícia do 15 de Febrero de 1725.Hoxe as suas ruinas están catalogadas dentro da Lista Roja de Patrimonio Nacional, pero siguen dando mostra da magnificência da arquitectónica do pasado.
y tardorromano. En 2018 se llevó a cabo una limpieza a cargo del arqueólogo de Vilamartín, Santiago Ferrer, que recuperó todas las estructuras excavadas para su puesta en valor. Ese mismo año se iniciaron las excavaciones del Sputnik Labrego y, un año después, el convenio con la Universidad de Santiago de Compostela, que permite a los alumnos del Máster en Arqueología y Ciencias Antiguas realizar trabajos prácticos en el yacimiento.  Hasta el momento se han realizado un total de cinco intervenciones en el yacimiento, que permitieron recuperar el yacimiento romano más conocido de Valdeorras. Fueron excavados por
actualmente unos 400 m 2 , lo que convierte a Valencia do Sil en uno de los yacimientos romanos más excavados de Ourense junto con Santomé o Aquis Querquennis. Durante épocas posteriores, existen numerosos yacimientos y restos de otras civilizaciones como la romana. Huella visible en el complejo en las zonas de Córgomo, Valdegodos, Portela y Arcos, entre otras. Dentro de nuestra historia destacamos las ruinas del antiguo Convento de los Trinitarios
Descalzos, fundada por bula papal del 15 de febrero de 1725. Hoy sus ruinas figuran en la Lista Roja del Patrimonio Nacional, pero siguen mostrando la magnificencia de la arquitectura del pasado. Definitivamente tenemos un patrimonio que vale la pena visitar y conocer, estos son sólo algunos vistazos de todo el territorio y su historia.

gl_ESGL