Concello de Vilamartín de Valdeorras

Servizos Sociais

Os servizos sociais comunitarios, constitúen o punto de acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais.(art. 9 da Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia) Ley 13/2008, del 3 de diciembre de Servicios Sociales de Galicia)

Garanten:

  1. O dereito de acceso universal ao sistema galego de servizos sociais nos termos recoñecidos no artigo 5 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia.
  2. A proximidade ás persoas usuarias e ás súas familias.
  3. O carácter integrador e coordinado de toda intervención social realizada con persoas ou grupos diversos.
  4. A intervención social personalizada nun contorno normalizado e, cando sexa o caso, a prescrición técnica para a derivación ao servizo social especializado máis idóneo ou a outros sistemas de protección social.
  5. A prevención comunitaria dos problemas sociais
  6. A promoción e organización da solidariedade social na comunidade en que actúan.

Recursos Humanos

O Concello de Vilamartín de Valdeorras conta con unha traballadora social no horario de mañá de Luns a venres de 8 a 15 horas.

01

Programa de valoración, orientación e información

En materia social ás persoas, grupos ou á comunidade en xeral, que se desenvolverá en todas as entidades locais titulares de servizos sociais comunitarios de Galicia.

02

Servizo de axuda no fogar (SAF)

Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo.

03

Servizo de educación e apoio familiar

Integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.

04

Programa básico de inserción social

Procura valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas. Inclúense nesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ao desenvolvemento, promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas.

05

Programa de fomento da cooperación e solidariedade social

Facilita a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulse o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.

Programas e servizos sociais comunitarios básicos no Concello de Vilamartín de Valdeorras

Os servizos sociais comunitarios básicos desenvolverán as súas funcións, de maneira estruturada, por medio dos programas e servizos seguintes:

Desenvólvense programas e facilítase o acceso das persoas ós recursos sociais existentes nas seguintes áreas:

  •  Valoración e recoñecemento da situación de dependencia.
  • Elaboración do PIA/seguimento do PIA.
  • Axuda no fogar do SAAD.
  • Transporte adaptado 065.- Servizo Galego de Apoio a Mobilidade Persoal-
  • Teleasistencia Domiciliaria.
  • Xestión do PAR do SAAD (Programa de Asignación de Recursos).
  • Apoio a Coidadores.
  • Programa de Respiro Familiar en Balnearios “Cuidarelax”.
  • Estadías temporais en servizo residencial.

Situacións de emerxencia social

O concello de Vilamartín de Valdeorras co obxecto de paliar situacións de emerxencia social que se puidesen producir no seo de familias ou veciños deste concello, está por en marcha unha serie de axudas puntuais que poidan contribuír a paliar en parte esa terrible situación. Nesta situación, podemos ofrecer:

  • Obter praza nunha dasresidencias da Fundación Valdegodos, grazas a un convenio, por un tempo definido.
  • Habilitase a existencia de nichos mortuorios para casos de familias con carencia de recursos.
  • Tamén se incluíu nos orzamentos unhas axudas económicas e un regulamento que as regula.
gl_ESGL